h1

O pasado luns inaugurouse no Hospital do Salnés a exposición que está percorrendo toda Galicia cos debuxos da quinta edición do concurso de debuxo e lemas vencellados á doazón de órganos, sangue e transplantes. A A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta a importancia de achegar o solidario xesto da doazón aos máis novos e, no pasado curso académico, máis de 40.000 estudantes galegos recibiron charlas sobre a doazón.