h1

ExpoSalnés en Cambados acollerá o venres 11 de novembro ás 20:30 horas unha charla informativa sobre a doazón de medula ósea. Marta Álvarez Vázquez, da área de transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ofrecerá a todos os veciños e veciñas de Cambados que desexen asistir, información sobre este tipo de doazón que resulta vital para moitos doentes.