h1

O salón de plenos do Concello do Carballiño acollerá o mércores 19 de outubro, a partir das 18:00 horas, unha charla informativa sobre a doazón de medula ósea. Persoal do área de coordinación de transplantes da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) serán os responsables de dar a coñecer un dos moitos xeitos de doazón aos que poden acceder actualmente os cidadáns.