h1

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración co Concello de A Estrada, promoven o desenvolvemento da campaña especial “Tres Millóns de Grazas”, como recoñecemento aos máis de tres millóns de doazóns realizadas polos galegos e galegas dende o ano 1993, achegando o solidario xesto da doazón de sangue á capital de Tabeirós-Terra de Montes.


Para amosar o apoio da corporación municipal a esta campaña, o alcalde de A Estrada, José López, acompañado polo xefe de xestión de colectas de ADOS, José Mª Vázquez, visitou esta mañá a unidadebil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, situada na Paza da Constitución (diante da Casa do Concello).


Dende ADOS sublíñase o carácter solidario da cidadanía de A Estrada, que no ano 2021 efectuou un total de 716 doazóns de sangue, o que significa unha taxa de 35 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano, nun período tamén condicionado polas circunstancias da pandemia da COVID-19.


Necesidade constante

O Concello de A Estrada e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promoven a colaboración da veciñanza na campaña de doazón de sangue para asegurar o gran labor asistencial dos 32 centros hospitalarios galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns diarias. Por iso, dende o Concello de A Estrada animase á cidadanía estradense a doar sangue.

Para tentar garantir unha resposta adecuada co obxecto de cubrir a demanda de compoñentes sanguíneos que necesitan os hospitais galegos, desenvólvense acciones informativas cos concellos. Nesta campaña “Tres millóns de Grazasencádrase a colaboración que se levará en A Estrada cunha unidadebil de ADOS.

A unidadebil de ADOS estará en A Estrada o venres 23 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00, e o sábado 24, de 10:00 a 15.00 horas. ADOS lembra que para doar sangue, debemos ser maiores de idade, pesar máis de 50 quilos e non padecer ou ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue. Non se precisa cita previa.