h1

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2022. No salón de actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago de Compostela tivo lugar o acto de apertura do curso académico 2022-2023 e de acollida dos alumnos de primeiro. No transcurso do acto, presidido polo seu decano, Julián Álvarez Escudero, interveu a directora de ADOS, Marisa López García, para poñer en valor a importancia de doar sangue, salientando que en moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos, polo que para abastecer aos centros sanitarios galegos de sangue e os seus derivados son necesarias entre 400 e 500 doazóns diarias.

Participar e sensibilizar
A directora de ADOS solicitou  na súa intervención a axuda dos alumnos, participando na campaña universitaria de doazón de sangue que todos os anos ADOS desenvolve en colaboración coa USC e tamén como futuros médicos concienciando aos compañeiros da importancia de doar.