h1

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración co Concello de Sanxenxo, promoven o desenvolvemento neste municipio da campaña especial “Tres Millóns de Grazas”,  como recoñecemento aos máis de tres millóns de doazóns realizadas polos galegos e galegas dende o ano 1993, achegando o solidario xesto da doazón de sangue a un dos principais destinos turísticos de Galicia.

Dende ADOS Sublíñase o carácter solidario e altruísta da veciñanza de Sanxenxo que no ano 2021, efectuaron un total de 628 doazóns de sangue, o que significa unha taxa de 36 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano, nun período tamén condicionado polas circunstancias da pandemia da COVID-19.

Necesidade constante
O Concello de Sanxenxo e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue promoven a colaboración da  veciñanza na campaña de doazón de sangue para asegurar o gran labor asistencial dos 32 centros hospitalarios galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns diarias. Por iso, dende o Concello de Sanxenxo animase á cidadanía a doar sangue.

As  temporadas de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden cos períodos das vacacións estivais. Por esa razón, desenvólvense acciones informativas cos concellos, para tentar garantir unha resposta adecuada co obxecto de cubrir a demanda de compoñentes sanguíneos que necesitan os hospitais galegos. Nesta campaña “Tres millóns de Grazas” encadrase a colaboración que levará en Sanxenxo unha unidade móbil de ADOS.

Campaña na Praza dos Barcos
A unidade móbil de ADOS estará situada na Paza dos Barcos o día 9 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Non hai cita previa.