Santiago
de Compostela, xoves 21 de xullo.- A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración co Concello de A Laracha, están
a promover o desenvolvemento
da
campaña especial “Tres
Millóns de Grazas” neste
municipio coruñés. A iniciativa foi presentada nesta mañá nunha
rolda de prensa no consistorio de A Laracha, que contou coa presenza
da directora de ADOS, Marisa
López García, e do alcalde
larachés,
José
Manuel Lopez Varela.
Dende
ADOS resaltouse o talante solidario dos veciños e veciñas de A
Laracha que ao longo do ano 2021, efectuaron un total de 561 doazóns
de sangue, o que representa unha
taxa de
49 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano. Estas cifras,
que están dentro das recomendacións da 0MS (Organización Mundial
da Saúde), supón estar dez puntos por encima da media de Galicia.
Necesidade
continua
O
Concello de A Laracha e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
promoverán na próxima semana a colaboración da veciñanza nas
campañas de doazón de sangue para asegurar o gran labor asistencial
dos centros hospitalarios galegos, que necesitan entre 400 e 500
doazóns diarias. Por iso, dende o Concello de A Laracha anímase á
cidadanía a doar sangue mediante o envío de información sobre este
xesto solidario.
As
temporadas de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden
cos períodos das vacacións estivais. Por esa razón, desenvólvense
accións informativas cos concellos, para tentar garantir unha
resposta adecuada co obxecto de cubrir a demanda de compoñentes
sanguíneos que necesitan os hospitais galegos. Nesta campaña “Tres
millóns de Grazas” encádrase a colaboración que levará en A
Laracha unha unidade móbil de ADOS na próxima semana.
Campaña
en xullo e agosto
A
unidade móbil de ADOS estará na Praza do Concello de A laracha os
días 26 e 27 de xullo das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00
horas; e en agosto, o día 26 de 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás
21:00 horas, e o día 27 de 10:00 as 14:00. En Caión estará a
unidade móbil na Praza o 9 de agosto, de 16:00 a 18:00 horas; e en
Paiosaco estará no Campo da Feira, tamén o 9 de agosto, de 19:00 a
21:00 horas, para poder atender a todas as persoas que desexen
participar nesta campaña en colaboración coa corporación
municipal, coa que se está a distribuír información entre a
veciñanza destinada a promover e incentivar a participación neste
acto solidario. ADOS lembra que para doar sangue, debemos ser maiores
de idade, pesar máis de 50 quilos e non padecer ou ter padecido
enfermidades transmisibles polo sangue.
Evolución
na Comarca de Bergantiños
A
evolución das campañas de doazón de sangue no pasado ano 2021
tamén estivo condicionada polos efectos das medidas para frear a
pandemia da COVID-19. Pero aínda así, na comarca de Bergantiños
houbo un ascenso de de dous puntos no índice de doazón por cada
1.000 habitantes e ano. No caso particular do Concello de A Laracha,
a súa alta participación permitiulle acadar un índice de 49, catro
puntos máis que no ano anterior.
Concello Doazóns 2021 Habitantes Taxa de Doazón
Ponteceso
|
286
|
5457
|
52/1.000
|
Coristanco
|
297
|
5878
|
51/1.000
|
A
Laracha
|
561
|
11521
|
49/1.000
|
Laxe
|
113
|
3004
|
38/1.000
|
Carballo
|
959
|
31414
|
31/1.000
|
Cabana
de Bergantiños
|
84
|
4185
|
20/1.000
|
Malpica
de Bergantiños
|
107
|
5332
|
20/1.000
|
Total
Bergantiños
|
2.407
|
66.791
|
37/1.000
|