h1

A Domus de A Coruña acolleu o acto de entrega de premios dos gañadores do concurso de debuxos sobre a doazón de sangue que tivo lugar o pasado 7 de maio no Parque de Santa Margarita, dentro das actividades que se desenvolveron con motivo do “XXVI día da Ciencia na Rúa”.

Os gañadores na categorías 7 a 9 anos do concurso de debuxos foron: o primeiro premio para Valentino Ben Fernández, do CEIP Torrente Ballester (Sigrás-Cambre), o segundo para Vera Fondo Varela, sendo o terceiro para Tomás Gómez Arnán, ambos do CEIP Joaquín Rodríguez Otero (Buño-Malpica); mentres na de 10 a 12, o primeiro premio foi para Elisa Rey Cousillas, o segundo para Uxía Vieito Socas, sendo o terceiro para Mª Fe Godoy Posada, as tres do CEIP María Barbeito ( A Coruña). Recibindo todos eles un agasallo e diploma acreditativo.

Campaña de sensibilización
No transcurso do acto, que contou coa presenza de Marisa López García, directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marcos Pérez Maldonado, director de Museos Científicos de A Coruña, e José Luis Castrillo Couso, presidente da Irmandade de Doantes de Sangue de A Coruña, agradeceuse a implicación de todos os alumnos e colexios que participaron no certame, ao mesmo tempo que se subliñaba a calidade dos traballos presentados, que evidencian a sensibilidade dos máis novos a favor do solidario xesto da doazón.

Marisa López García resaltou a importancia de incentivar o desenvolvemento de actividades destinadas a promover unha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue entre os galegos e galegas mais novos e que se converterán nos doantes do futuro. Nesta liña, subliñou a directora de ADOS, estase traballando con centros educativos de ensino infantil e primaria de toda Galicia dentro da campaña “Mensaxeiros Solidarios” que está potenciando o coñecemento do solidario xesto da doazón no ámbito educativo.  



Saúdos do Gabinete de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue