h1

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración co Centro Comercial Travesía, unha nova campaña de doazón de sangue o 14 de xuño, data na que se conmemora o Día Mundial do Doante de Sangue, e na que as persoas que acudan a doar sangue recibirán de agasallo unha entrada de cine.
 
Todos os cidadáns e cidadás que se acheguen a doar sangue na planta baixa (a carón da Boutique del Descanso), en horario de 10:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas do martes 14 de xuño, recibirán por cortesía do Centro Comercial e de Ocio Travesía unha invitación para poder asistir gratis a unha función de cine.

Neste sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu sincero agradecemento á xerencia do Centro Comercial Travesía pola súa colaboración, recoñecemento que fai extensivo a toda a cidadanía que, co xeneroso xesto que supón realizar unha doazón de sangue, contribúe ao desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos.