HOXE
CELÉBRASE O DÍA NACIONAL DO TRANSPLANTE
-
Dende ADOS celébrase
este día
publicando durante
toda a
semana, en
redes sociais,
os testemuños de
galegas e galegos transplantados
Santiago
de Compostela,
30
de marzo de 2022.-
A Axencia de Doazón de Órganos
e Sangue
(ADOS), conmemora
o Día Nacional do Transplante divulgando nas redes sociais as
declaracións de distintas persoas que
foron transplantadas, e así darlle as grazas a todas
as
familias
que co seu xesto solidario da doazón de órganos permiten que outras
persoas
poidan seguir vivindo.
O
obxectivo principal do Día Nacional do Transplante e agradecer a
todas
aquelas familias
que permiten a doazón de órganos dos seus seres queridos,
pois é
un gran acto de
xenerosidade
e altruísmo que salva moitas vidas ao longo do ano. Ao
mesmo tempo que se pon en valor a figura dos profesionais que fan
posible co seu traballo que a cifra de transplantes continúe
aumentando.
Así
mesmo, salientar
que
en Galicia durante
o 2021 efectuáronse un
total de 298 transplantes, dos cales
140 foron
de ril, 85 de fígado, 1 de páncreas, 24 de corazón e 48 de pulmón.
Ademais,
subliñar que no 2021 Galicia acadou unha porcentaxe
de negativas familiares do 16%, o que a sitúa por abaixo da media
nacional, que é do 17%. Por
outra parte, tamén salientar que 119.687 persoas teñen tarxeta de
doantes de órganos en Galicia. Destas, 1.681 son novas tarxetas
rexistradas no 2021 pola Coordinación Autonómica de Transplantes
ADOS.