h1

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) principia esta semana co chamado #reto5000, que ten por obxectivo superar a cifra das 5.000 doazóns de sangue nas Universidades Galegas. A primeira fase da campaña de doazón de sangue, que ADOS desenvolve grazas áo compromiso e colaboración das tres Universidades galegas, iniciase co reto de superar ás 3.913 doazóns acadadas no pasado curso académico, que estivo evidentemente condicionado pola crise sanitaria derivada da COVID-19.