h1

PROTOCOLOS DE SEGURIDADE


A nosa máxima prioridade é a seguridade dos doantes de sangue e dos receptores dos compoñentes sanguíneos.

 

ADOS só acepta doazóns de persoas sas e realiza unha estrita revisión do estado de saúde das persoas que acoden a doar sangue, para comprobar que cumpren todos os requisitos que esixe a normativa sanitaria.

 

En cada local de doazón e en cada unidade móbil o noso persoal segue protocolos de seguridade exhaustivos.

 

Máis información:

Protocolos de seguridade.pdfProtocolos de seguridade.pdf

 

A DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA


V1.3b - Tripticos medula ósea.pdfV1.3b - Tripticos medula ósea.pdf


A DOAZÓN DE SANGUE

  

En Galicia, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos. Por iso, necesitamos entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día e, para facilitar este acto de solidariedad, ademais dos locais de doazón nas sete grandes cidades, 10 unidades móbiles percorren toda a nosa xeografía.

 

De cada doazón de sangue obtéñense 3 compoñentes que se utilizan no tratamento de diferentes enfermidades.

 
Máis información:

 

 

PODES DOAR SANGUE SE...

A entrevista de saúde que realiza o médico serve para garantir que a doazón non afectará de forma negativa á túa saúde e, tamén, para evitar que os compoñentes do seu sangue poidan causar un problema ás persoas que reciben a transfusión sanguínea.

Para doar sangue, desde a túa última doazón teñen que ter pasado, polo menos, 2 meses. Ademais, nos últimos 12 meses, non tes que ter realizado, no caso dos homes, máis de 4 doazóns ou, no caso das mulleres, máis de 3 doazóns.

No seguinte documento tes máis información sobre esta e outras causas que poderían impedir que does sangue:

Podes doar sangue.pdfPodes doar sangue.pdf


Sobre as viaxes:

En xeral, para garantir a seguridade transfusional, hai que esperar 4 meses para doar sangue despois de regresar de países de Latinoamérica, Asia e África, ben porque sexan países endémicos dalgunha enfermidade transmisible polo sangue ou ben porque sexan países ou zonas tropicais onde poida existir un vector que as transmite (en xeral un mosquito). Por este mesmo motivo, tamén se lle preguntará se mantivo relacións sexuais con persoas de países estranxeiros.

Nas zonas tropicais e subtropicales existe risco de adquirir enfermidades transmisibles polo sangue, como malaria, enfermidade de Chagas, Dengue, virus do Nilo Occidental ou virus do Zika.

 

Desde Xuño de 2020 hai zonas de risco por casos declarados de Virus del Nilo, o que exclúe da doazón durante 28 días. Ademáis, as viaxes a zonas con brotes ou con alta incidencias acumulada de coronavirus poden xerar unha exclusión temporal da doazón. No momento de solicitar a cita previa ou cando acudas á Unidade Móbile, é importante que informes das viaxes ou deprazamentos que realizaches nos últimos 12 meses, e tamén se manifestaches un cadro catarral ou outra sintomatoloxía repiratoria nos últimos 14 días

Mapa das zonas entre os trópicos:

1280px-World_map_torrid.svg.png

CONSELLOS PARA DESPOIS DE DOAR

 

Finalizada a doazón siga estes consellos:

Consellos para despois de doar sangue.pdfConsellos para despois de doar sangue.pdf