h1

Adestradores e membros do Leche Río Breogán quixeron amosar o seu apoio á doazón de sangue e ao labor que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e acudiron a doar e a saudar aos doantes ata a unidade móbil desprazada ata a Praza Maior de Lugo a pasada semana.e membros do Leche Río Breogán quixeron amosar o seu apoio á doazón de sangue e ao labor que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e acudiron a doar e a saudar aos doantes ata a unidade móbil desprazada ata a Praza Maior de Lugo a pasada semana.

 

Esta iniciativa forma parte de diversas accións dentro dunha campaña especial en colaboración co equipo lucense que tenta sensibilizar sobre a necesidade de doazóns de sangue, así como doutros xeitos altruistas de doazón que posibilita o sistema de saúde público de Galicia. ADOS quere amosar o seu sincero recoñecemento a todos os membros da familia do Leche Río Breogán pola súa constante colaboración e compromiso, así como a Deputación Provincial de Lugo, pola súa participación nestas iniciativas que teñen por obxectivo fomentar unha conciencia social proclive á doazón.