h1

 
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou o papel protagonista que teñen os doantes de órganos e as súas familias, na excelente evolución experimentada polo programa de doazón e transplante en Galicia e que supuxo que, no pasado ano 2018, se rexistrase a cifra de 116 doantes e 354 intervencións cirúrxicas de transplante. O titular de Sanidade subliñou que estos datos son os mellores desde a posta en funcionamento do programa de doazón e transplante en Galicia.