h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Asociación Cultural e Deportiva Senda XXI, que desenvolve a súa actividade na bisbarra do Barbanza, Muros e Noia, promoven unhas xornadas solidarias a prol da doazón e baixo o lema “Lazos de Vida”. A Casa da Cultura de Noia acollerá o vindeiro sábado 12 de outubro ás 20:00 horas unhas charlas informativas impartidas por responsables de ADOS, que tentan dar a coñecer a importancia que teñen os doadores e doadoras no noso sistema público de saúde e incentivando a participación da cidadanía nos distintos programas de doazón (sangue, órganos, medula ósea,...).

Documentos relacionados Documentos relacionados