h1

Entre os días 19 e 22 de setembro terá lugar a iniciativa "700 camisetas contra a leucemia" que promove a Fundación Frangil para conmemorar os 10 anos desta iniciativa.

 

No transcurso desta volta deportiva a Galicia, David Gil da Fundación Frangil, tenta, novamente, sensibilizar á sociedade da importancia de doazón de medula ósea polo que, esta ocasión, repetirá a experiencia desenvolvida hai unha década e achegará 100 camisetas ata os sete locais de doazón da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), existentes nas sete grandes cidades galegas.