h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) principia a segunda fase da campaña especial de doazón de sangue na Universidade, marcándose como obxectivo superar ás 4.542 doazóns recollidas no pasado ano académico.

No transcurso da primeira fase da campaña na Universidade do curso 2018-2019, rexistrouse a participación de 2.367 membros da comunidade universitaria, cifra que representa un incremento do 2,6% con respecto ao mesmo período do curso anterior. Especialmente salientable resulta a participación de 834 cidadáns que doaron sangue por vez primeira, cifra que representa o 35% do total de doazóns rexistradas.