h1

O pasado sabado 22 de decembro, no transcurso da súa gala central, o XIII Festival Internacional Rebulir otorgou un recoñecemento especial á Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) polo labor que desenvolve no eido social e sanitario.
 
ADOS quere amosar o seu agradecemento ao Festival Rebulir polo seu compromiso co solidario xesto da doazón e salientar o traballo deste certame cultural, que nesta edición desenvolveuse baixo o lema "Latexando tradición".