h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e os distintos xestos de doazón altruístas do noso sistema público de saúde serán os protagonistas da XIII edición do Festival Internacional Rebulir (FIR), que foi presentado esta maña nunha rolda de prensa que tivo lugar na Deputación Provincial de Ourense.

A directora de ADOS, Marisa López García, asistiu a acto de apertura e presentación dos premios Rebulir da Cultura Galega e da Gala do FIR 2018, nun acto que contou coa presenza do vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández Fernández; da delegada provincial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; do alcalde do Concello de Ramirás, J. Carlos Rodríguez Matías; e do director artístico e académico do FIR 2018, Alexandre Sotelino Losada.

Documentos relacionados Documentos relacionados