h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á doazón da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos A Positivo, Cero Positivo e Cero Negativo, popularmente coñecido como doador universal. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

Documentos relacionados Documentos relacionados