h1

 

A directora da Axencia de Doazón de Órganos (ADOS) e Sangue, Marisa López García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, saudaron aos doadores e doadoras que esta maña acudiron ata a unidade móbil da Axencia, que se desprazou ata a cámara lexislativa galega. Esta visita enmarcase na semana da conmemoración do 40º aniversario da Constitución española e nunhas xornadas festivas que motivan que, o permanente chamamento á solidariedade dos cidadáns por parte de ADOS, cobre unha especial importancia.