h1

 

O Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) acolle mañá, venres 23 de novembro, unha xornada formativa de doazón en asistolia controlada organizada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Asociación Gallega de Anestesia, Reanimación y Terapéutica del dolor (AGARyD). Este programa formativo tenta potenciar a formación no eido da doazón de órganos en asistolia controlada dos profesionais sanitarios das unidades de anestesia e reanimación.