h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Asociación Cultural e Deportiva Senda XXI, que desenvolve a súa actividade na bisbarra do Barbanza, promoven unha fin de semana solidaria a prol da doazón e baixo o lema “Lazos de Vida”. O Coliseo Noela de Noia acollerá este sábado ás 18:00 horas unhas charlas informativas impartidas por responsables de ADOS e da Asociación de Transplantados de Medula Ósea (Asotrame) que tentan dar a coñecer a importancia que teñen os doadores e doadoras no noso sistema público de saúde e incentivando a participación da cidadanía nos distintos programas de doazón (sangue, órganos, medula ósea,...).

Documentos relacionados Documentos relacionados