h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) convidaron hoxe á participación de todos os membros da comunidade universitaria para que tomen parte activamente no “Reto 5000”, promovido desde a Rede Española de Universidade Saudables (REUS). A directora de ADOS, Marisa López García, que estivo acompañada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, indicou, no transcurso do acto de presentación desta iniciativa, que tivo lugar esta maña no Pazo de San Xerome, que este reto ten o obxectivo de acadar, ao longo do xoves 4 de outubro, un total de 5.000 doazóns de sangue entre todos os centros universitarios de España que se sumen a esta iniciativa.

Documentos relacionados Documentos relacionados