h1

 

A terceira campaña de doazón de sangue que este ano desenvolveu a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), nas instalacións do Centro de Vigo do Grupo PSA, e que tivo lugar os días 25, 26 e 27 de setembro concluíu cun excelente resultado de 726 traballadores e traballadoras que doaron sangue e que supón ter acadado unha cifra récord de participación con 61.997 doans desde o ano 1995.

Este elevado nivel de participación coincide coa conmemoración do 60º aniversario do Centro de Vigo do Grupo PSA, circunstancia pola que ADOS quere sumarse as felicitacións a un dos principais centros de referencia do tecido industrial galego que, desde sempre, ten amosado o seu compromiso coa sociedade galega e co solidario xesto da doazón tanto de sangue como de órganos.