h1

A Cidade da Cultura foi, onte, o escenario da entrega de galardóns do "Día Mundial do Doador de Sangue. 25 anos concienciados coa doazón", coa presencia do presidente da Xunta.

Grazas a esta xornada puidemos transmitir o agradecemento da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) a todas as persoas e colectivos implicados no labor de achegar este acto solidario a todos e cada un dos rincóns de Galicia. Desde ADOS puxose en valor a figura dos doadores e doadoras e do carácter solidario dos cidadáns galegos que ten levado a Galicia a manter durante 18 anos consecutivo a taxa de doazón recomenda pola Organización Mundial da Saúde e situarse por riba do índice de doazón estatal.