h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará unha das súas unidades móbiles e instalará unha carpa informativa sobre a doazón de sangue, co obxectivo de promover este xesto solidario, o vindeiro sábado 2 de xuño no Parque de Acea da Ma (Culleredo), dentro das actividades previstas na xornada “Voz Natura 2018”. Esta iniciativa, que ten por obxectivo sensibilizar aos máis pequenos e pequenas sobre a importancia do solidario xesto da doazón de sangue, conta coa colaboración da Irmandade de Doadores de Sangue da Coruña