h1

 

A directora da Axencia de Doazón de Órganos (ADOS) e Sangue, Marisa López García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, saudaron aos doadores e doadoras que esta maña acudiron ata a unidade móbil da Axencia, que se desprazou ata a cámara lexislativa galega.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visita polo menos dúas veces ao ano o Parlamento de Galicia, dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue que efectúa a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue en empresas e organismos públicos e que representa o 9% de todas as doazóns recollidas anualmente en Galicia. Ademais, dende o ano 2001, as unidades móbiles de ADOS visitaron en trece ocasións o Parlamento de Galicia, acadando un total de 342 doazóns de sangue, no transcurso destas visitas.