h1

 

 
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está hoxe presente na XXXI Reunión da Sociedade Galega de Medicina Intensiva e Unidades Coronarias (SOGAMIUC), que está a desenvolverse no Centro Cultural da Deputación de Ourense Marcos Valcarcel e congregará a profesionais médicos procedentes dos hospitais de referencia de toda Galicia.

Ao longo da xornada, especialistas en medicina intensiva e unidades coronarias abordarán distintos aspectos do seu labor asistencial, facendo especial fincapé no aspecto relativo á doazón de órganos. Dentro do programa da reunión, a xornada de tarde estará adicada ás novas estratexias de traballo relativas á doazón de órganos, abordando aspectos como os coidados intensivos orientados cara a doazón ou a doazón en asistolia.