h1

Os xogadores do Club Leyma Básquet Coruña visitaron o mércores 9 de maio a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazada no Campus de Elviña.

O equipo coruñés está a obsequiar a todos os doadores e doadoras con entradas para asistir ao encontro do playoff polo ascenso á Liga ACB, que mañá, venres, disputará en Riazor. Desde ADOS desexamosvos a mellor das sortes e agradecemos ao Club Leyma Básquet Coruña a súa constante colaboración e implicación no desenvolvemento de iniciativas destinadas a sensibilizar a cidadanía da importancia da doazón de sangue.