h1

Membros da Asociación Cultural e Deportiva dos Bombeiros da Coruña distribuirán información sobre a doazón de sangue, os días 19, 20 e 21 de abril, ao carón da unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará nas inmediacións da Praza das Conchiñas e do Cantón-Obelisco da Coruña.

Esta iniciativa forma parte da campaña “Cómo salvar vidas en 10 minutos”, que xa tivo a súa primeira edición no pasado ano e que acadou a participación de 116 cidadáns.

Documentos relacionados Documentos relacionados