h1

A primeira semana da campaña especial coa Fundación Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), en colaboración coa Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue, rematou cun récord de participación. Nas unidades móbiles e nos locais de doazón de toda Galicia houbo 2.938 doazóns de sangue, o que representa un incremento do 43% respecto a semana anterior. Salientar que 215 persoas se achegaron a doar sangue por primeira vez, o que supón un crecemento do 37% en doadores novos.