h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) súmase hoxe aos actos de conmemoración do Día Mundial do Ril que este ano desenvolvese baixo o lema “Muller e Saúde Renal”.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere por de manifesto, nesta data, a importancia de manter hábitos de vida saudables que garantan o mantemento do noso bo estado de saúde, así como extremar os coidados no caso dos nosos riles. Así mesmo, a Coordinación Autonómica de Transplantes de ADOS quere lembrar que, grazas á solidariedade dos doantes e das súas familias, no pasado ano 2017, realizáronse en Galicia, un total de 160 transplantes de ril, dos cales 31 procedían de doador vivo.

Documentos relacionados Documentos relacionados