h1

 

A campaña “Ti dás o tipo” desenvolvida a pasada semana polo Pontevedra CF e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) acadou a participación de 122 cidadáns, dos cales 11 eran persoas que doaban por vez primeira. Grazas a estas doazóns será posible levar a cabo, por exemplo, 61 intervencións cirúrxicas, realizar tres transplantes de fígado ou atender a 25 enfermos oncolóxicos.