h1

 

A directora da Axencia de Doazón de Órganos (ADOS) e Sangue, Marisa López García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, saudaron aos doadores e doadoras que esta maña acudiron ata a unidade móbil da Axencia, que se desprazou ata a cámara lexislativa galega. Esta visita forma parte da campaña de doazón “Ti dás o tipo” que está a desenvolver ADOS no presente mes de decembro e que tenta sensibilizar aos cidadáns da importancia de doar sangue nas datas inmediatamente anteriores ás pontes festivas deste Nadal.

Documentos relacionados Documentos relacionados