h1

Estudantes do Colexio Hijas de Cristo Rey están a visitar esta semana as instalacións do local de atención ao doador de sangue da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

 

Na súa visita, poden coñecer de preto a importancia do xeneroso xesto da doazón e cómo é posible realizar doazóns de sangue polo xeito convencional e tamén polo procedemento de aférese.