h1

O Pontevedra CF e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) presentaron esta maña a campaña conxunta que ambas institucións promoverán ao longo dos vindeiros días na cidade de Pontevedra baixo o lema “Ti dás o tipo”. A directora de ADOS, Marisa López García, quixo agradecer á presidenta do Pontevedra CF, Guadalupe Murillo Solís, a constante colaboración e implicación do club co solidario xesto da doazón.