h1

A campaña de doazón promovida a pasada semana pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e ABANCA acadou unha elevada participación que se reflicte nos 345 profesionais do banco que doaron sangue, un 3% mais que na campaña do ano 2016.


 

Esta iniciativa achegou as unidades móbiles de ADOS ata lugares próximos ás oficinas principais de ABANCA nas sete grades cidades galegas e, nas xornadas previas, o banco facilitou información aos seus profesionais sobre esta iniciativa animándoos a doar sangue​