h1

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) agradece a “Moteros Solidarios Galicia” a súa colaboración na campaña de doazón que o sábado 19 de novembro, levará unha unidade móbil ata o ourensán Barrio do Vinteún. A partir das 12:00 horas, preto dunha vintena de membros de “Moteros Solidarios Galicia” achegaranse ata a unidade móbil de ADOS para doar sangue, como xeito de por en valor o papel de centos de cidadáns que, diariamente, realizan este xesto solidario.
 
Así mesmo, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue abrirá as súas portas ás 10:00 ata ás 15:00 horas, tentando conseguir a participación do maior número de cidadáns.

Documentos relacionados Documentos relacionados