h1

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, en colaboración co Concello da Laracha, a campaña especial de verán. A iniciativa foi presentada o 9 de xullo, nunha rolda de prensa que tivo lugar na Casa do Concello, e que contou coa presencia da directora de ADOS, Marisa López García, e o alcalde José María López Varela.
A directora de ADOS salientou o carácter xeneroso da veciñanza da Laracha que, durante o ano 2019, realizou un total de 583 doazóns, cifra que representa un índice de 51 doazóns por 1.000 habitantes, o que supón un incremento do 8,2% respecto do ano anterior.

Documentos relacionados Documentos relacionados