h1

Membros da directiva, traballadores e traballadoras e voluntarios da Fundación Amigos de Galicia doaron sangue o pasado venres 11 de outubro na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazada ata Vilagarcía de Arousa. Ademais, a Fundación Amigos de Galicicia anunciou a próxima entrega do Grelo de Ouro a ADOS e distintas asociacións, coelctivos e particulares que se teñen distinguido polo seu labor a prol da doazón e transplante de órganos.