h1

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e Supermercados GADIS convocan o VI Concurso de Debuxo e Lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes e no que poden tomar parte os estudantes de 1º e 2º cursos de Educación Secundaria Obrigatoria de todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

As bases da convocatoria deste certame, promovido desde a Consellería de Sanidade e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e co patrocinio de Supermercados GADIS, que ten como obxectivo promover a sensibilización social dos máis novos e novas en torno ao solidario xesto da doazón e a importancia dos transplantes, poden descargarse no seguinte enlace da páxina web de ADOS: