A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE QUERE AGRADECER A COLABORACIÓN DE TODAS AS PERSOAS QUE DOARON SANGUE NO CENTRO COMERCIAL TRAVESÍA DE VIGO

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022.-  A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promoveu, en colaboración co Centro Comercial Travesía, unha nova campaña de doazón de sangue, coa particularidade de que, para agradecer o xeneroso xesto da doazón de sangue, as persoas que acudiron a doar recibiron de agasallo unha entrada para o cine.

As 124 persoas que se achegaron a doar sangue á planta baixa o venres 9 e o sábado 10 de decembro recibiron, por cortesía do Centro Comercial e de Ocio Travesía, unha invitación para poder asistir de balde a unha función de cine.

Neste sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu sincero agradecemento á Xerencia do Centro Comercial e de Ocio Travesía de Vigo pola súa colaboración, recoñecemento que fai extensivo, como non podía ser doutro xeito, a todos os cidadáns e cidadás que se achegaron a doar sangue, contribuíndo deste modo ao desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos

Comparte vida, únete a nós.